Decálogo TIC

1. Non fagas as cousas para impresionar ou polo gusto de usar recursos informáticos. Non sometas os teus alumnos a un  gran despregamento de medios. Se os recursos informáticos non achegan nada substancial, se non melloran a interacción ou non hai unha evidente mellora do discurso producido ou non aumenta a motivación dos teus alumnos, quizais é mellor realizala como sempre a fixeches.

2. Define obxectivos claros de aprendizaxe e adquisición, e calcula ben os riscos de facer a actividade por medio de recursos electrónicos. Non esquezas que “The médium is not the message” (Nunan)

3. Busca sempre unha relación clara, práctica e coherente entre os recursos electrónicos, os obxectivos que che marques e unha dinámica, sempre que sexa posible, baseada na aprendizaxe colaboradora: calcula a interacción de maneira que a adquisición ou a práctica da lingua meta estean garantidas non só polo obxectivo da tarefa que se vai realizar senón por toda a negociación de significado e da propia tarefa que se necesita para levala a cabo. Fai un uso apropiado de cada recurso, non todos serven para todo, cada un ten as súas posibilidades e as súas limitacións, tenas en conta, e se non as coñeces, descúbreas antes de formular a actividade aos teus alumnos.

4. Define claramente o papel do profesor, o tipo de retroacción, o estilo do seu discurso, o seu papel en relación co recurso utilizado: por exemplo, poderá exercer máis control no chat, mentres que actuará máis como guía no intercambio de correos electrónicos, eta. Calcula tamén o tempo que necesitará tanto para dinamizar a actividade, coma para corrixir os resultados e enviar retroacción aos alumnos.

5. Busca xerar nos alumnos un discurso o máis real posible dentro de situacións o máis comunicativas posible, susceptible de ser analizable despois. Se o que se produce é demasiado temporal, nin ti nin os teus alumnos poderán apreciar os resultados da actividade. Intenta crear contextos de uso nos que os intercambios xurdan naturalmente do recurso informático elixido. Non forces situacións, non lles forces a desviarse do programado á busca de recursos máis acordes coas súas necesidades de expresión ou de intercambio.

6. Pon atención á avaliación do produto, e tena en conta á hora de deseñar a actividade. Por exemplo, pódese realizar a actividade cun grupo de control que permita ver a diferenza co resultado da actividade sen o uso deses recursos, ou unha avaliación ou auto-avaliación final, ou a corrección do produto. Non esquezas avaliar tamén o grao de dificultade técnica que tivesen, e o seu nivel de satisfacción e motivación.

7. Somete a actividade, sempre que sexa posible, a algún instrumento de análise que che permita descubrir erros de deseño, afinar nas insuficiencias, así como aproveitar os acertos e descubrimentos para posteriores actividades. Se che é posible, fai un resumo dos resultados.

8. Busca sempre o equilibrio entre orientación do titor e a liberdade de acción do alumno, que este non perda nunca a súa autonomía, móstralle estratexias para resolver os seus problemas e insuficiencias, pero intenta que non note a túa presenza como unha presión.

9. Formúlache o uso de recursos como un ámbito educativo distinto ao da clase establece claramente as diferenzas e sitúa a túa actuación en relación co ámbito. Non se trata de reproducir senón de imprementar mellorando o proceso de ensino-aprendizaxe.

10. Engade aquí os teus consellos aplicables só ao teu xeito de facer as cousas…
Aproveita as opcións que a realización de tarefas electrónicas nos brinda. Ten en conta a posibilidade de publicalas na rede, a través de servidores gratuítos ou do centro de traballo; ademais de afondar na motivación, convértese nun factor que proporciona maior sentido ao medio elixido: produto final realizado con ferramentas electrónicas perdurable na rede.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s